Publicado en Axenda

2 de abril

Que día tan importante o de hoxe!!

Coma en anos anteriores, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril,  data  de nacemento  de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2019 correspondeulle a Lituania. A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: Os libros fannos acougar.

E por outra banda, tamén este día é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou por unaminidade o 2 de abril para poñer de relevo a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Na nosa Biblioteca temos libros marabillosos que nos axudan a comprender e a empatizar con moitos dos nosos compañeir@s.

Image result for libros infantiles sobre autismo