Publicado en Toc-Tina recomenda

Toc-Tina recomenda…

Este mes de abril comezou coa celebración do“Día das Artes Galegas”. Nesta ocasión, a Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba), decidiu adicarlle a xornada do 1 de abril a Luís Seoane López, recoñecendo así unha das figuras artísticas máis importantes de Galicia. Luís Seoane desenvolveu facetas moi diversas: teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante ou pintor. A Rede do Patrimonio Cultural de Galicia súmase a esta celebración a través de carteis que resaltan a figura do artista, con texto elaborado pola experta Rosa Espiñeira Pan.

No noso cole tamén celebramos a Luis Seoane e pouco a pouco imos decorando as portas das nosas aulas coas nosas propias interpretacións dalgunha das súas obras máis coñecidas. Están quedando xenial!!!

Aquí vos deixo algunha fotiño do proceso e algún resultado xa final…hainos moi rápidos!!!😉 Sodes una artistas!!!🙌🙌🙌

No CEIP Juan Fernández Latorre elaboraron esta UD para poder coñecer mellor a vida e obra de Luis Seoane. Moitas grazas por compartila!!

Pois xa sabedes, a coñecer un pouquiño máis sobre este gran artista!!

Boa fin de semana!!

Toc-Tina

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s