Publicado en A vida na BIBLIOTECA,Axenda

Día das escritoras

Ola a tod@s!!!

Estamos a ter algún que outro problemiña técnico á hora de mudar a dirección do blog, por iso estiven pouco activa este mes…pero retomamos con forza!!!

Hoxe, 14 de outubro é o DÍA DAS ESCRITORAS.

Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia e lendo fragmentos representativos das súas obras.

O lema deste ano é “Mulleres, amor e liberdade”

favicon e imagen por defecto

Hoxe na Biblioteca estiven fascinada escoitándovos…estes días colgarei o vídeo para que tod@s o poidades disfrutar…

Deica mañán…

Toc-Tina

Publicado en Benvida

Xa estamos de volta!!!

Resultado de imaxes para benvid@s ao cole

Xa tiña eu ganas de comezar!!!

Este curso imos ter moitas novidades!!!

Entre elas, o cambio de dirección do blog, polo que vos irei informando nestas próximas semanas…

Espero que tivésedes un verán marabilloso e que veñades coas pilas a tope!!!

Vémonos na Biblioteca rapazada!!!

Toc-Tina

Publicado en A vida na BIBLIOTECA,Axenda

E para rematar…

Agradecervos todo o que me axudades cada ano, grazas a vós esta Biblioteca segue a ser un espazo cheo de vida!!!

Os meus voluntari@s de Biblioteca e de Bibliopatio…algúns seguiredes o próximo curso, outros rematades a Primaria e comezades unha nova aventura que estou segura vos traerá momentos marabillosos, aproveitádeos!!!

Pechamos ata setembro con estas imaxes que nos enchen de orgullo!!!

Que pasedes un boísimo verán!!!

Toc-Tina

Publicado en Toc-Tina recomenda

Toc-Tina recomenda…

Pois aquí van as miñas últimas recomendacións para este curso, porque a próxima entrada será xa de despedida ata setembro!!

Estas son as lecturas que vos aconsello este verán, que sei que hai moitas máis, pero estas asegúrovos que están xenial e que vos van gustar!!!

Feliz lectura de verán!!!

Toc-Tina

Publicado en A vida na BIBLIOTECA,Axenda

Teatro na González Garcés

Esta última semana de escola estamos cargadiños de actividades, e unha das que máis me gustou, como amante do teatro que son, foi a actuación da rapazada de 2º e de 6º na Biblioteca González Garcés. Representaron dúas adaptacións de libros ben fermosos, “A historia dos Bonobos con lentes” e “La fabulosa historia de nuestra democracia”.

Como é a Biblioteca pública do noso barrio alá se foron camiñando con todos os bártulos necesarios para a súa actuación. E foi todo un éxito!!!

Noraboa a todos os nenos e nenas e por suposto ás súas titoras que fixeron isto posible!!!

Toc-Tina

Publicado en Mércores de emocións

Mércores de emocións…

Seguimos emocionad@s e cos sentimentos a flor de pel despois da visita de Said, Marga, Sandra e os seus músicos.

A actividade promovida por Amnistía Internacional e a súa Rede de Escolas foi todo un éxito!! Ademais de aprender, escoitar, debatir e divertirnos, fíxonos pensar e reflexionar moito sobre a situación tan alarmante na que viven millóns de persoas.

Con Said aprendemos moitas cousas, e con Sandra Calderón e os seus músicos emocionámos ata chorar…que marabilla!!!

Queremos darvos as GRAZAS E A NORABOA por este traballo que remove conciencias!!!

CLICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
Publicado en Sabías que...?

Sabías que…?

…estes días os padriños e madriñas lectores se xuntaron para facer unha merenda-lectura cos seus afillad@s???

Que contenta me pon iso!!! Encántame vervos polos corredores do colexio gozando da lectura, a compañía e a merenda!!!

Moitas grazas ás vosas mestras por aproveitar este recanto tan bonito do noso propio bosque!!! É un lugar ideal para relaxarse, ler e… tan fermoso!!!

Aproveitade e pasádeo xenial esta última semana de escola!!!

Toc-Tina