Publicado en A vida na BIBLIOTECA,Axenda

Día das escritoras

Ola a tod@s!!!

Estamos a ter algún que outro problemiña técnico á hora de mudar a dirección do blog, por iso estiven pouco activa este mes…pero retomamos con forza!!!

Hoxe, 14 de outubro é o DÍA DAS ESCRITORAS.

Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia e lendo fragmentos representativos das súas obras.

O lema deste ano é “Mulleres, amor e liberdade”

favicon e imagen por defecto

Hoxe na Biblioteca estiven fascinada escoitándovos…estes días colgarei o vídeo para que tod@s o poidades disfrutar…

Deica mañán…

Toc-Tina

Publicado en A vida na BIBLIOTECA,Axenda

E para rematar…

Agradecervos todo o que me axudades cada ano, grazas a vós esta Biblioteca segue a ser un espazo cheo de vida!!!

Os meus voluntari@s de Biblioteca e de Bibliopatio…algúns seguiredes o próximo curso, outros rematades a Primaria e comezades unha nova aventura que estou segura vos traerá momentos marabillosos, aproveitádeos!!!

Pechamos ata setembro con estas imaxes que nos enchen de orgullo!!!

Que pasedes un boísimo verán!!!

Toc-Tina

Publicado en A vida na BIBLIOTECA,Axenda

Teatro na González Garcés

Esta última semana de escola estamos cargadiños de actividades, e unha das que máis me gustou, como amante do teatro que son, foi a actuación da rapazada de 2º e de 6º na Biblioteca González Garcés. Representaron dúas adaptacións de libros ben fermosos, “A historia dos Bonobos con lentes” e “La fabulosa historia de nuestra democracia”.

Como é a Biblioteca pública do noso barrio alá se foron camiñando con todos os bártulos necesarios para a súa actuación. E foi todo un éxito!!!

Noraboa a todos os nenos e nenas e por suposto ás súas titoras que fixeron isto posible!!!

Toc-Tina

Publicado en A vida na BIBLIOTECA,Toc-Tina recomenda

Toc-Tina recomenda…

Hoxe rematamos a semana agradecéndolle á Editorial Xerais que nos trouxera a dous escritores fantásticos nesta pasada semana para celebrar o Día do Libro 2019.

O primeiro foi Héctor Cajaraville, que veu falar coa rapazada de 5º sobre a súa obra Kusuma. Quedaron encatad@s!!

E os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron a gran sorte de poder disfrutar de Adrián Morgade, ilustrador e creador de banda deseñada en galego, Xinfu!!! Foi xenial!!!

Aquí vos deixo unhas fotiños para recordar …

Así que xa sabedes, a miña recomendación de hoxe, Adrián Morgade e Héctor Cajaraville.

Boa fin de semana!!

Toc-Tina

Publicado en A vida na BIBLIOTECA,Axenda

23 de abril, Día do Libro

Hoxe estamos de celebración!!!

Imposible comezar mellor este terceiro trimestre!!!

O 23 de abril do ano 1616 foi un día simbólico para a literatura mundial, xa que no mesmo día morreron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.


Como en anos anteriores, unha persoa referente da literatura galega actual é a encargada de poñer de manifesto a importancia da lectura, esta vez tocoulle á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre, quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro. Un texto que convida  a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

E para festexalo no noso colexio temos actividades ao longo de toda a semana!!!

Aquí vos deixo a programación!!! Seguro que vos gusta!!!

Toc-Tina

Publicado en A vida na BIBLIOTECA,Axenda

“A cazadora de estrelas”…María Canosa

Como nos gustan e nos prestan estes encontros!!

Esta vez foron as nenas e nenos de 4º os que tiveron a sorte de estar con María Canosa, que nesta ocasión veu a falar con nós de “A cazadora de estrelas”.

María, ademais de escribir fermosas historias, é unha muller tremendamente vitalista e contaxia a súa boa enerxía alá por onde pasa!!

Mil grazas por este encontro!!! Desexando xa que volvas á nosa Biblioteca!!!

Aquí vos deixo un pequeno resumo desta bonita xornada. Clicade na imaxe para ver un pequeno vídeo.

Toc-Tina

CLICA NA IMAXE PARA VER O VIDEO