Publicado en Sabías que...?

Sabías que…?

…estes días os padriños e madriñas lectores se xuntaron para facer unha merenda-lectura cos seus afillad@s???

Que contenta me pon iso!!! Encántame vervos polos corredores do colexio gozando da lectura, a compañía e a merenda!!!

Moitas grazas ás vosas mestras por aproveitar este recanto tan bonito do noso propio bosque!!! É un lugar ideal para relaxarse, ler e… tan fermoso!!!

Aproveitade e pasádeo xenial esta última semana de escola!!!

Toc-Tina

Publicado en Sabías que...?

Sabías que…?

Nesta semana, do 3 ao 9 de xuño hai un reto viral…

pasar unha semana sen plástico???

Vivir sin plástico

Para poder comprender mellor este gran problema que nos afecta a tod@s e pon en perigo o noso planeta, aquí vos deixo un conto, xa me contaredes que tal…

Boa semana!!

Toc-Tina

Publicado en Sabías que...?

Sabías que…?

O 17 de Maio, ademais do Día das Letras Galegas (do cal falaremos a partir do mércores) é o Día Internacional da Reciclaxe.

Papel, latas, briks, vidro e residuos orgánicos teñen o seu contedor correspondente e unha data no calendario para lembralos. Deste xeito, o 17 de maio constitúese o Día Internacional da Reciclaxe, para concienciar á poboación mundial da importancia que ten hoxe en día a reciclaxe. Por exemplo, reciclar unha lata de aluminio pode aforrar un 90% da enerxía necesaria para facer unha nova, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente.Por certo, os móbiles tamén se reciclan, o seu lugar é o contenedor do punto limpo.

Para que saibades un pouquiño máis sobre reciclaxe aquí vos deixo estes enlaces:

Resultado de imagen de contenedores de reciclaje colores

Que teñades boa semana!!!

Toc-Tina

Publicado en Sabías que...?

Sabías que…?

O 4 de maio foi o …

DÍA INTERNACIONAL DO COMBATENTE DOS INCENDIOS FORESTAIS

Con este día recoñécese o nivel de compromiso e dedicación daquelas persoas que combaten as lapas nos bosques e campos de todo o mundo. Especialmente desde os incendios do verán do 2006, Galicia ten este día máis presente que nunca, xa que moitos incendios se apagaron grazas a numerosos voluntarios.

Resultado de imagen de BRIGADAS FORESTAIS APAGANDO LUME

A orixe desta celebración é recente. En decembro de 1998 tivo lugar un incendio na localidade canadiense de Linton, onde perderon a vida cinco membros dunha brigada forestal. Este tráxico suceso foi o punto de partida para crear en torno a este feito un movemento social de concienciación sobre o traballo que realizan os combatentes dos incendios forestais.

LUMES, NUNCA MÁIS!!!

Resultado de imagen de VOLUNTARIOS APAGANDO FUEGOS EN GALICIA

Publicado en Sabías que...?

Sabías que…?

O luns pasado, o 22 de abril foi o…

DÍA MUNDIAL DA TERRA

Promovido polo senador norteamericano, Gaylord Nelson, o 22 de abril de 1970 instaurouse o Día da Terra, co obxectivo de crear unha conciencia común sobre os problemas de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras cuestións relativas á protección da terra.
Xurdiu, nun primeiro momento, como un movemento estudantil. Nesta primeira concentración participaron dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias, ademais doutros colectivos. A mobilización deu os seus froitos e o goberno norteamericano creou a Axencia de Protección Ambiental e unha serie de leis destinadas ao coidado do medio ambiente.

Resultado de imagen de día mundial da terra


Progresivamente, a cita foise consolidando ata converterse nun movemento global no que diferentes grupos ecoloxistas aproveitan para revisar os problemas ambientais do planeta e expor as súas reivindicacións.

Aquí vos deixo un par de enlaces moi interesantes, que teñades boa semana!!

Toc-Tina

*¿Qué é o Día Mundial da Terra?

*Web do Día Mundial da Terra